miércoles, 30 de septiembre de 2015

Gaita galega





A gaita galega é un instrumento de vento madeira propio de Galicia, norte de Portugal, occidente de Asturias e o Bierzo. É o símbolo por excelencia da música tradicional galega.

Partes da gaita

A gaita galega consta de:

  1. Un soprete, co que se introduce o aire no fol.
  2. Un punteiro, co que se pode tocar en "aberto" ou en "pechado".
  3. Un fol, onde se almacena o aire que fai que soe o instrumento.
  4. Un roncón, o tubo que se apoia sobre o hombro do gaiteiro, que soa na mesma nota que o son do punteiro na posición de Re, pero dúas oitavas máis baixas.
  5. Un ronquete, o tubo que se apoia sobre o antebrazo dereito do gaiteiro, que soa na mesma nota do roncón, pero unha oitava máis arriba que este e unha máis abaixo que a posición Re do punteiro.
  6. Un ronquillo, que sae do fol paralelo ao ronquete, que soa con igual nota que a posición Re do punteiro, unha oitava máis arriba que o ronquete e dúas máis arriba que o roncón. 















Tipos de gaitas empregadas en Galicia

  • Gaita tradicional: Consta de fol, punteiro, roncón e soprete.
  • Gaita con ronqueta: Engádeselle unha ronqueta pequena frontal.
  • Gaita con ronqueta e chillón: Engádeselle un chillón frontal.
  • Gaita de barquín: Adaptación dunha gaita irlandesa na que, en vez de soprar, o aire insúflase cun barquín.
  • Gaita de banda ou marcial: Adaptación da gaita escocesa na que a ronqueta e o chillón colócase á par do roncón. Adoita estar afinada en Si bemol.
A existencia deste último tipo, introducida pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense a finais do século XX, provocou unha forte controversia cos gaiteiros "tradicionais".

martes, 29 de septiembre de 2015

Traxe tradicional galego



O traxe galego é a vestimenta tradicional que o pobo galego usaba para as súas actividades ata ben entrado o século XX. Aínda que existen diferenzas entre os traxes usados para traballar e os traxes para días de festa, os usados no interior de Galicia respecto ós da costa, as evolucións ao longo do tempo e as normais diferenzas entre as clases socioeconómicas, existen certos patróns comúns que os unifican e caracterizan e que permiten certos contrastes e igualacións cos territorios veciños de Asturias ou a provincia de León.

Home

Muller













Partes

Feminino

  • Cabeza- bonete, chapeu, cinta, cofia, pano da cabeza.
  • Busto- camisa, chambra, chaqueta, corpiño, cós, dengue, gravata, pano do pescozo. xibón, xustillo.
  • Pezas inferiores-baixeira, basquiña, enaguas, faldra, frandello, lello, lella, mandil, mantelo, muradana, picote, pololo, calzas, refaixo, sabelo, saia, vasquiña, zagal.
  • Sobretodos- capa, capote, mantela, mantillica, manto, mantón, parlamenta, touca.
  • Outras pezas- carpíns, crica, faldriqueira, medias, moña, pano da faldriqueira, pano da man.
  • Calzado- zocas, zocos, tamancas.
Masculino
  • Cabeza- chapeu, monteira, pano, pucho, pucha, sombreiro.
  • Busto- almilla, camisa, chaleco, chaqueta, chaqueta de abrigo, faixa, xibón.
  • Pezas inferiores- calzas, calzón, cirolas, pantalóns, zagóns.
  • Sobretodos- capa, capote, saio, zagón.
  • Outras pezas- carpíns, faldriqueira, alxabeira, medias, moca, varapao, aguillada, pano, pano de faldriqueira.
  • Calzado- polainas, zocos, zapatos, tamancas ou zamancas, galochos.
  • Festiva- peliqueiro, cigarrón, felo, boteiro, mazcara, vergalleiro, careto, vellarrón, zarramanculleiro.

viernes, 25 de septiembre de 2015

A Batería (instrumento)



En música unha batería é un conxunto de instrumentos musicais de percusión, formado por unha serie de tambores e pratos, que se conforman nunha estructura estandarizada. Existen diferentes combinacións para formar unha batería, dependendo máis que nada so estilo musical á que se vai encamiñar.
Todos os instrumentos execútaos un só intérprete. Este instrumento, xunto co baixo, conforma a base rítmica da música popular contemporánea.

Historia

A batería naceu en Nova Orleáns cando as bandas de Dixeland pasaron das rúas ós clubs incorporando, ademais do piano, un conxunto de instrumentos de percusión empregados nas bandas militares, adaptándoos á execución por un único músico. Logo evolucionou coa adición de timbais e outros tipos de pratos.
Hoxe en día tamén existen, ademais das tradicionais baterías acústicas, as baterías electrónicas. 




Batería acústica.
Batería electrónica.

jueves, 24 de septiembre de 2015

Música tradicional galega



A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, alalas etc), instrumentos (gaita galega e pandeireta, entre outros) e agrupacions musicais.





















A orixe da música tradicional galega é escura. As primeiras referencias remóntanse á música medieval, mais aínda que se conserven varios cancioneiros xeralmente non inclúen notación musical.

Sábese que a gaita era común naquela altura, e que en xeral existían xa os principais instrumentos presentes na tradición musical: gaitas, zanfonas e instrumentos de corda.



Nas últimas décadas do século XX, moitos músicos galegos comezaron a considerar que a música galega era polo menos parcialmente "céltica" en orixe, de maneira que procuraron influencias nas músicas de Irlanda e Escocia, así como da Bretaña francesa. A pesar de que esta relación é moi discutida, o resultado foi a proxección internacional da nosa música, coincidindo cun espallamento xeral da música tradicional como contestación as músicas máis comerciais.

Instrumentos de percusión



  • O bombo confeccionase cun grande cilindro de madeira con dúas membranas de pel, tócase cunha única maza e leva o ritmo principal acompañando a gaita, pero nunca superando o son desta.

  • O tamboril é similar ao bombo, pero de moito menor tamaño e polo tanto, de son mais agudo, e tánxese con dúas baquetas. Ten bordóns só na parte superior. Acompaña normalmente a gaita. A medida que as pezas, instrumentos e formacións foráneas foron introducíndose na cultura galega, os tamborís foron substituídos por redobrante de son máis seco, con bordóns na parte inferior, e que permite redobres máis nítidos e doados.



As interpretacións musicais non sempre eran totalmente formais: existían sempre un certo grao de improvisación. Durante a interpretación os cantantes podían falar entre eles ou lanzar un aturuxo, un berro prolongado que se botaba para animar os músicos ou os bailaríns durante a interpretación dunha danza ou peza festiva.