A música tradicional de Galiza caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, alalas etc), instrumentos (gaita galega e pandeireta, entre outros) e agrupacions musicais.
A orixe da música tradicional galega é escura. As primeiras referencias remóntanse á música medieval, mais aínda que se conserven varios cancioneiros xeralmente non inclúen notación musical.
Sábese que a gaita era común naquela altura, e que en xeral existían xa os principais instrumentos presentes na tradición musical: gaitas, zanfonas e instrumentos de corda.
Instrumentos de percusión
- O bombo confeccionase cun grande cilindro de madeira con dúas membranas de pel, tócase cunha única maza e leva o ritmo principal acompañando a gaita, pero nunca superando o son desta.
- O tamboril é similar ao bombo, pero de moito menor tamaño e polo tanto, de son mais agudo, e tánxese con dúas baquetas. Ten bordóns só na parte superior. Acompaña normalmente a gaita. A medida que as pezas, instrumentos e formacións foráneas foron introducíndose na cultura galega, os tamborís foron substituídos por redobrante de son máis seco, con bordóns na parte inferior, e que permite redobres máis nítidos e doados.
As interpretacións musicais non sempre eran totalmente formais: existían sempre un certo grao de improvisación. Durante a interpretación os cantantes podían falar entre eles ou lanzar un aturuxo, un berro prolongado que se botaba para animar os músicos ou os bailaríns durante a interpretación dunha danza ou peza festiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario