A gaita galega é un instrumento de vento madeira propio de Galicia, norte de Portugal, occidente de Asturias e o Bierzo. É o símbolo por excelencia da música tradicional galega.
Partes da gaita
A gaita galega consta de:
- Un soprete, co que se introduce o aire no fol.
- Un punteiro, co que se pode tocar en "aberto" ou en "pechado".
- Un fol, onde se almacena o aire que fai que soe o instrumento.
- Un roncón, o tubo que se apoia sobre o hombro do gaiteiro, que soa na mesma nota que o son do punteiro na posición de Re, pero dúas oitavas máis baixas.
- Un ronquete, o tubo que se apoia sobre o antebrazo dereito do gaiteiro, que soa na mesma nota do roncón, pero unha oitava máis arriba que este e unha máis abaixo que a posición Re do punteiro.
- Un ronquillo, que sae do fol paralelo ao ronquete, que soa con igual nota que a posición Re do punteiro, unha oitava máis arriba que o ronquete e dúas máis arriba que o roncón.
Tipos de gaitas empregadas en Galicia
- Gaita tradicional: Consta de fol, punteiro, roncón e soprete.
- Gaita con ronqueta: Engádeselle unha ronqueta pequena frontal.
- Gaita con ronqueta e chillón: Engádeselle un chillón frontal.
- Gaita de barquín: Adaptación dunha gaita irlandesa na que, en vez de soprar, o aire insúflase cun barquín.
- Gaita de banda ou marcial: Adaptación da gaita escocesa na que a ronqueta e o chillón colócase á par do roncón. Adoita estar afinada en Si bemol.
A existencia deste último tipo, introducida pola Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense a finais do século XX, provocou unha forte controversia cos gaiteiros "tradicionais".
No hay comentarios:
Publicar un comentario